Castroverde promove un curso de manipulador de alimentos

Castroverde organiza un curso de manipulador de alimentos, que será impartido na aula do centro sociocultural do Concello o vindeiro 29 de xuño de 10.00 a 13.00 horas. Estará a cargo dun técnico en Hixiene Alimentaria acreditado pola Consellaría de Sanidade.
Os interesados poden informarse e anotarse no 982 818 935. Obterase a certificación obrigatoria segundo o reglamento europeo. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Corgo.