Castroverde organiza unha nova edición da Festa Homenaxe ós nosos Avós

LugoXa
O Concello de Castroverde organiza a Festa Homenaxe ós nosos avós, que este ano chega a súa décimo cuarta edición.
25 Feb 2024

O Concello de Castroverde organiza a Festa Homenaxe ós nosos avós, que este ano chega a súa décimo cuarta edición. A cita será o vindeiro domingo 24 de marzo cunha programación con música, baile e astronomía.

O programa comeza ás 12.45 coa recepción de todos os asistentes na praza do Concello. A partir das 13.00 horas terá lugar unha misa na igrexa parroquial e continuarase cun xantar no pavillón municipal A Ferrería, na que poderán gozar de música e baile.

Nos vindeiros días chegarán ás casas dos maiores do municipio as cartas para vir recoller a invitación ao Concello de Castroverde.

0.096435070037842