Castroverde organiza unha nova edición do Maratón de Fútbol Sala
O Castroverde organiza unha nova edición do Maratón de Fútbol Sala. A cita que terá lugar o 7, 8 e 9 de xuño no pavillón polideportivo da Ferrería, chega a súa vixésimo sétima edición. O torneo está organizado polo club da vila e polo Concello e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
As inscricións permanecen abertas ata o 5 e xuño. A organización espera reunir uns 24 equipos de fútbol sala nesta edición. Polo momento hai 20 inscritos, a maioría deles da provincia de Lugo pero tamén doutras localidades da Coruña e Ourense. Haberá premios e trofeos para os primeiros clasificados.
A programación inclúe actividades paralelas, como animación musical cun DJ que actuará os tres días e un torneo de tute. Desenvolveranse nunha zona habilitada pola organización no exterior do recinto deportivo da Ferrería. Haberá premios para os catro primeiros clasificados e puntos para os oito primeiros. Os interesados poden solicitar máis información a través do 690 128 689 e do 626 278 946 e facer a inscrición, que son 150 puntos, a través do correo castroverde@hotmail.com
A Delegación Territorial da Administración autonómica en Lugo acolleu a presentación do programa, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; a presidenta e o vicepresidente da entidade deportiva, María Ubaldina García e Borja López; e os xogadores Lino López e Sergio Ferreiro, entre outras persoas. Javier Arias felicitou ao Castroverde FS por promover este encontro co que “contribúen a dinamizar o concello” ao tempo que lles serve de impulso para o funcionamento do club durante todo o ano e para seguir apostando polo seu crecemento.