Castroverde pon en marcha un curso de monitor de tempo libre
LugoXa
O Concello de Castroverde pon en marcha un curso de monitor de tempo libre co que se poderá optar a traballar este verán no campamento do municipio ou en calquera outro.

23 Apr 2024
O Concello de Castroverde pon en marcha un curso de monitor de tempo libre co que se poderá optar a traballar este verán no campamento do municipio ou en calquera outro. A proposta desenvolverase no colexio as fins de semana do 31 de maio ao 30 de xuño.
Os interesados poden chamar ao teléfono 641109 716. Trátase dun curso oficial para o que se precisa ser maior de idade e ter o graduado escolar. Conta con 125 horas de formación presencial e outras 75 de formación telemática.