Castroverde organiza un torneo feminino de fútbol sala con motivo do 8M
LugoXa
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Castroverde está a organizar un torneo triangular feminino de fútbol sala.
3 Mar 2024
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Castroverde está a organizar un torneo triangular feminino de fútbol sala. O evento terá lugar o sábado 9 de marzo ás 19.00 horas no pavillón polideportivo.
Nesta actividade, coa que queren homenaxear a todas esas rapazas que apostan e se involucran neste deporte, participarán o equipo local feminino da Sociedade Deportiva Castroverde, o Ribeira FS e o UD Pastoricense.