Castroverde prepara o seu Mercado de Nadal o 14 de decembro

O Recinto Feiral de Castroverde converterase, o vindeiro 14 de decembro de 2025, nun punto de encontro festivo coa celebración do xa tradicional Mercado de Nadal, unha cita pensada para gozar en familia e apoiar o comercio local.
O evento abrirá as súas portas ás 11:00 horas e manterase en funcionamento ata as 15:00 horas, ofrecendo postos de artesanía, gastronomía, decoración, produtos locais e agasallos, ademais dalgunhas sorpresas pensadas para todos os públicos.
Un dos momentos máis agardados da xornada será a actuación da Foliada de Bosende, que terá lugar ás 13:00 horas, enmarcada no programa Tradigalu 2025 da Deputación de Lugo – Vicepresidencia da Área de Cultura.
Tamén ás 14.00 horas haberá outra actuación, neste caso de Cé Orquesta Pantasma co programa Móvete da Deputación de Lugo.
A organización anima a toda a veciñanza e visitantes a achegarse a desfrutar do ambiente, descubrir produtos únicos e vivir o espírito do Nadal no concello.