Castroverde prepárase para as súas festas, co cartel xa completo
Castroverde celebrará as súas festas do Santiago Apóstolo os próximos 22, 23, 24 e 25 de xullo e xa presentou o programa completo de actividades.
Para o sábado 22 están previstos uns cantos de taberna sobre ás 20.00 horas coa participación de Trasdalomba, Toxo Queimado e Airiños do Neira. Pero antes, ás 17.30 terá lugar unha proba de orientación, Orientibirring, na praza do Concello. Rematarán a xornada coa actuación de Dj Adolfo Valiño tamén na praza do Concello.
O domingo 23 o cartaz musical estará presidido pola orquestra París de Noia, que estará acompañada polo grupo Fénix na verbena, quen temán fará a sesión vermú das 14.00 horas. Pero o programa dará comezo esta xornada ás 13.00 coa misa solemne. Ademais hai xogos infantís na praza para os pequenos a partir das 17.00 horas e a Charanga BCB actuará ás 20.00 horas.
O luns só está prevista a actuación das orquestras Miramar e Solara en sesión verbena a partir das 23.30 horas.
O último día das festas darán comezo tamén coa misa ás 13.30. horas, que contará con procesión ao final. O grupo Eurea será o encargado de facer a sesión vermú e de acompañar á noite á orquestra Panorama a partir das 23.30 horas.
Ademais, ás 19.30 está prevista a actuación de Mekanika Rolling Band.