Castroverde promove a cestaría tradicional cun obradoiro gratuíto para veciños

LugoXa
A actividade desenvolverase en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e está dirixida exclusivamente a veciños e veciñas do municipio
cesteria
15 Jun 2025

O Concello de Castroverde organiza un obradoiro de cestaría os sábados 21 e 28 de xuño no centro sociocultural Paco Pestana.

A actividade desenvolverase en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e está dirixida exclusivamente a veciños e veciñas do municipio.

Trátase dun curso gratuíto con prazas limitadas a un máximo de 10 participantes, polo que será necesario inscribirse previamente para poder asistir.

Con esta iniciativa, o Concello aposta pola recuperación e promoción de oficios tradicionais a través da formación práctica.

⚙ Configurar cookies
0.20129990577698