Castroverde recupera a Festa da Pena

LugoXa
Este ano a cita vólvese a organizar como se facía antigamente, ata que na segunda metade do século XIX se cambiara a setembro por razón dos traballos agrícolas
festa_da_pena
3 Xul 2024

O concello de Castroverde prepárase para celebrar a Festa da Pena. Este ano a cita vólvese a organizar en xullo, como se facía antigamente, ata que na segunda metade do século XIX se cambiara a setembro por razón dos traballos agrícolas.

A romaría na honra a Santa María Madalena será o 20 de xullo e comezará ás 13.30 horas con misa e sesión vermú co grupo Alma Latina. A partir das 19.00 horas terá lugar a primeira ruta polo Eirado e xa ás 23.00 dará comezo a verbena con Alma Latina e o DJ Adolfo Valiño.

0.21089386940002