Castroverde rende unha homenaxe a Manuel Cordeiro Pérez
Castroverde acolleu unha homenaxe a un dos seus fillos ilutres, Manuel Cordeiro Pérez, destacado deputado republicano socialista da localidade e un forte impulsor do sufraxio feminino. Ao acto acudiron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Castroverde e deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias.
Durante o acto tivo lugar a inauguración da escultura en memoria de Manuel Cordeiro Pérez, nado na parroquia de Riomol e que para o que o Concello de Castroverde organizou este acto en conmemoración do 8-M, Día Internacional da Muller.
Asistiron tamén a concelleira de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude, Pilar Ferreiro; o escultor e creador do busto, Miguel Couto; o historiador e cronista oficial do concello de Castroverde, Ricardo Polín; e distintos representantes locais, ademais de veciños e veciñas.
A homenaxe foi impulsada por Cristina Castedo Pereira, veciña do municipio. O presidente da Deputación destacou a importancia do traballo realizado por Cordeiro Pérez e destacou “a súa loita pola igualdade real. Un feito polo que aínda hoxe seguimos loitando dende a sociedade e dende a política”. O grupo Zuncurrundullo de Castroverde puxo música ao acto.