Castroverde será o escenario da VI edición da Ruta 4x4 en xaneiro
Castroverde será o escenario da VI edición da Ruta 4x4, organizada polo grupo Os Riladores co apoio do Concello de Castroverde e a Xunta de Galicia, durante os días 24, 25 e 26 de xaneiro de 2025.
Este evento promete reunir aos amantes do todoterreo nunha fin de semana chea de aventura e emoción.
Todo comezará o venres, 24 de xaneiro, coa xornada inaugural comezará ás 21.00 horas coa presentación oficial do VI Roteiro no Café-Bar Roma, onde os participantes gozarán de petiscos de benvida. Ás 22.30 horas, está programado un paseo nocturno polos arredores do pobo, ofrecendo un inicio cheo de adrenalina.
Pola súa banda, o sábado, 25 de xaneiro, as actividades comezarán cedo, coa recollida de dorsais a partir das 08.00 horas no pavillón municipal. A saída do primeiro participante está prevista para as 08.30 horas desde A Ferrería. Espérase unha intensa xornada todoterreo que culminará cunha comida ás 13.30 horas, o final do roteiro será ás 20.30 horas. Despois, celebrarase unha cea comunitaria ás 22.00 horas.
Por último, o domingo, 26 de xaneiro, o broche final do evento será ás 10.00 horas, con probas de habilidade nas inmediacións do campo de fútbol Veiga do Olmo. Este espectáculo promete ser un dos momentos máis emocionantes da fin de semana.