Castroverde xa se prepara para o Entroido

LugoXa
O Concello de Castroverde xa está preparado para o entroido cun pasacalles e un gran concurso de disfraces que repartirá grandes premios
cartel entroido castroverde portada
28 Jan 2024

O domingo 11 de febreiro Castroverde celebrará o Entroido cunha gran festa que dará comezo ás 17.00 cun pasacalles que irá dende a praza do Concello ata o pavillón municipal.

O pasacalles estará amenizado polo grupo musical Zuncurrundullo e no caso de mal tempo suspenderase o pasacalles e realizaríase o desfile directamente no pavillón.

Para esta celebración o Concello organiza un concurso de disfraces que repartirá 3600 euros en premios e que se celebrará a partir das 17.30 no pavillón municipal.

Poderán participar tanto nenos como adultos e facelo a través de comparsa, parellas ou de xeito individual establecéndose diferentes premios para cada categoría. Estes van desde os 500 euros ata os 40. Valorarase a orixinalidade, a simpatía, o traballo realizado e a posta en escena.

Ademais o concurso conta con premios especiais que só se darán cando o xurado así o considere e soamente terán a posibilidade de obtelos os concursantes que pertenzan ó Concello de Castroverde, sempre e cando non foran agraciados con algún dos premios xerais. O xurado poderá asignarllos a participantes tanto do concurso infantil como do de adultos.

As inscrición para o concurso realizaranse o mesmo día, unha vez finalizado o pasarrúas, no pavillón municipal.

0.1623477935791