Catro artistas galegas protagonizan Fiadeiras, a nova proposta feminista da UNED Lugo
Fiadeiras achegará as experiencias e impresións de varias mulleres galegas que hoxe son referentes indiscutíbeis nos seus correspondentes campos de creación e actividade e que, a través da súa participación, axudarán a formular mellor algúns dos interrogantes e desafíos que como mulleres enfrontamos en todo tipo de ámbitos.
Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa UNEDFutura. Uxía é unha das figuras centrais da cultura galega e probablemente unha das mellores embaixadoras da música tradicional galega en todo o mundo, achegando ademais importantes contribucións ao espallamento da lusofonía.
Leva décadas colaborando coas principais figuras da música e, ao tempo, desenvolveu unha incesante labor cívica e social en propostas que sempre promoven talentos emerxentes dende unha óptica comprometida coa loita das mulleres. Os interesados poden solicitar máis información na web.