Catro equipos disputarán a final do Galego Senior Masculino de Volei, en Lugo

LugoXa
O concelleiro de Deportes participou hoxe na presentación da competición que terá lugar este sábado a partir das 10 da mañá.
Finais campionato galego volei
1 Xuño 2022

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, e a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participaron hoxe na presentación das Fases Finais do Campionato Galego Senior Masculino de Voleibol que se disputará no Pavillón Municipal o vindeiro sábado, 4 de xuño.

Un torneo no que a Administración local colabora mediante a cesión destas instalacións, facilitando a asistencia sanitaria en cooperación coa Cruz Vermella e tamén a través do resto de programas de axuda ao deporte base que desenvolve durante o ano, entre os que se atopan as achegas económicas a clubs e entidades locais que traballan en prol do fomento da práctica deportiva na cidade e ás que o Executivo de Lara Méndez, destina, cada exercicio, máis de 300.000 euros.

No acto, ao que tamén acudiron o secretario da Federación Galega deste deporte, Moncho Baña e o presidente do club Xabaríns Volei, Pedro Val, o edil aproveitou para convidar a toda a cidadanía a asistir aos encontros, que comezarán ás dez da mañá, para arroupar aos equipos nos partidos cos que se dirimirá a tempada 2021 – 2022, que son o Club Voleibol Rianxo, Asesores Vila Castro (Ourense), Xiria Calvo (Carballo) e os anfitrións, Xabaríns Volei Lugo.

0.19325399398804