Catro nadadores do PortaMiñá clasifícanse nas finais no campionato máis importante do inverno
O Club Natación PortaMiñá puxo punto e final esta fin de semana cun moi bo sabor de boca, xa que catro dos seus nadadores clasificáronse para numerosas finais no Campionato de España Open de Inverno e no Campionato de España Júnior, a competición máis importante da tempada de inverno coa presenza dos mellores nadadores españois.
Destaca a medalla de prata en 200 bolboreta de Inés Mourenza Rocha en categoría Júnior que tamén estableceu a mellor marca galega (MMG) de 100 bolboreta de 17 anos. Pola súa parte, Sofía Mourenza Rocha estableceu a MMG en 100 braza de 17 anos, pelexando por estar entre as mellores en todas as súas probas. Brais Novo clasificouse para as finais absolutas, as de maior nivel, de 100 e 200 braza, o que demostra o seu enorme nivel ao enfrontarse se cadra da natación absoluta española.
Brais Pérez colocouse entre os mellores nadadores de 17/18 anos. Sen dúbida, foi unha gran final da tempada de inverno para os Júnior e Absolutos que se suma ao éxito deportivo de todas as categorías do PortaMiñá no resto de competicións galegas e que unha vez máis demostran o gran potencial do club.