Catro podios para Friol na Copa Deputación de Atletismo

TerraChaXa | LugoXa
O club Atletismo Friol na 1ª Xornada da Copa Diputación de Atletismo logrou un total de catro podios, no que era a volta á competición.
club atletismo friol
2 Mar 2021

Estupenda actuación dos integrantes do club Atletismo Friol na 1ª Xornada da Copa Diputación de Atletismo de Lugo e na cal lograron un total de catro podios, no que era a volta do atletismo de competición na cidade de Lugo despois dun ano de ausencia pola pandemia do Covid-19.

Así, na proba dos 800 metros lisos, Cristian Montecelo gañaba con solvencia a carreira, marcando na liña de meta un tempo de 2.00 minutos. Xa nas probas disputadas no módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera, Nerea Montes finalizaba na segunda posición na disciplina dos 60 metros valos, onde marcaba un rexistro de 11.11 segundos, mentras que tamén tomaba parte na carreira dos 60 metros lisos, finalizando na séptima posición cun crono final de 9.18 segundos.

Polo que respecta o seu compañeiro de equipo Alejandro Fernández tamén remataba nas posicións de honra da proba, xa que finalizaba no segundo lugar nos 60 metros lisos cun tempo de 7.69 segundos. Por último, Carla Trillo era segunda no salto de altura cun rexistro de 1.47 metros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18821907043457