'Cayo Julio César' nominado ao mellor mural do mundo 2021

LugoXa
El graffiti realizado por Diego As en la Ronda de la Muralla de Lugo ha sido nominado como mejor grafiti del mundo del 2021.
julio cesar diego as
18 Xan 2022

The Best of 2021 Street Art Cities é unha plataforma global que ten como misión promover e documentar o arte urbano no mundo. Están activos en case 900 cidades con máis de 37.000 obras de arte. Durante o último ano, fóronse compartindo os murais e traballos acadando como resultado unha selección das 100 obras de arte máis populares do 2021. Esta lista global conta con rincóns de todo o planeta, dende Dinamarca ata Sudáfrica.

A través dunha enquisa realizada en internet pódese votar pola mellor obra ata o 6 de febreiro.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfYEDuRxZUgQHAacmQzRZfXScJUx1X49pKRp4Mwfv2RPmEQ4g/viewform?fbclid=IwAR1hcNrZDP9b3nxSI1tMgYDDMW7wKFd_-Mfpq9w0T5GTcHLi0z_k7SEOZMA

O grafiti "Cayo Julio César" elaborado polo lucense Diego As dentro do proxecto URBAN CORES, das concellerías de Benestar e Xuventude, é candidato ao mellor mural urbano do mundo. O mural localizado na Ronda da Muralla de Lugo. Esta obra xa foi elixida como mellor grafiti do mundo no mes de agosto.

A obra mostra a Julio César sobre un muro de 20 metros de alto, segue unha escala de grises seguindo as normas de Patrimonio. A súa localización permite admiralo dende o alto da muralla.

0.15997385978699