Convocado un concurso escolar de debuxo co lema Un selo para Lugo

LugoXa
A Federación Española de Sociedades Filatélicas convoca un concurso escolar de debuxo co lema Un selo para Lugo.
un selo para lugo exfilna concurso
25 sep 2021

A Federación Española de Sociedades Filatélicas, a través da súa Comisión de Mocidade, co patrocinio da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, convoca, un concurso escolar de debuxo co lema Un selo para Lugo.

O motivo dos debuxos será o de representar un aspecto ou varios da cidade amurallada como a ascendencia romana, o Camiño Primitivo de Santiago ou a cidade cara ao futuro.

O concurso vai dirixido a alumnos de 1º a 6º de Educación Primaria de centros públicos, concertados ou privados de Lugo.
O debuxo realizarase nun soporte tamaño DINA4 e poderase utilizar calquera técnica plástica: pinturas, rotuladores, acuarelas, ceras, colaxes, etc.

Os centros participantes escollerán o debuxo que representará ao Colexio no concurso e unha vez escaneado a un mínimo de 300 ppp remitirase en formato jpg ou pdf a comisiondejuventudfesofi@gmail.com antes do 1 de outubro de 2021, sinalando ao reverso do debuxo o nome do alumno/a, curso e os datos do centro educativo.

Tanto o debuxo gañador como o dos cinco finalistas converteranse en selos personalizados de curso legal, tarifa A (nacional ata vinte gramos). E haberá agasallos para o gañador, unha tablet Samsung Galaxy e o Libro Anual de Correos con selos, e para os finalistas o Libro Anual de Correos con selos.

Os centros dos alumnos finalistas e do gañaador recibirán para a biblioteca un lote de Libros Anuais de Correos cos selos emitidos. A entrega de premios realizarase nun acto oficial no salón de Actos da Deputación o 23 de outubro.

un selo para lugo
0.13728809356689