CCOO de Lugo denuncia bloqueo e hostilidade aos seus delegados no Concello

LugoXa
O sindicato alerta de vulneración de dereitos laborais e anuncia medidas de apoio xurídico e mobilización social fronte á represión sindical
Casa-Consistorial-Concello-de-Lugo
17 Sep 2025

A Unión Comarcal de CCOO de Lugo, a través da súa Comisión Executiva e do Consello Comarcal, denunciou a situación de “hostilidade, bloqueo institucional e ataque á liberdade sindical” que están a sufrir os seus delegados e delegadas no Concello de Lugo.

Nos últimos meses, a acción sindical do sindicato na administración local di enfrontar obstáculos deliberados que buscan silenciar e deslexitimar a representación lexítima das traballadoras e traballadores municipais. Esta situación constitúe, segundo CCOO, unha vulneración grave de dereitos fundamentais recollidos no Estatuto dos Traballadores, na Lei Orgánica de Liberdade Sindical e en tratados internacionais de dereitos laborais.

O sindicato subliña que “o sindicalismo non se mendiga nin se tolera: exercese”. Por iso, a Executiva e o Consello Comarcal aprobaron respaldar aos delegados e delegadas, denunciar calquera intento de represión, reforzar a acción sindical mediante apoio xurídico, mobilización social e comunicación pública, e esixir ao Goberno municipal un cambio inmediato de actitude, con respecto, diálogo real e garantías para o pleno desenvolvemento da actividade sindical.

CCOO alerta de que esta persecución non afecta só ao sindicato, senón a toda a clase traballadora, e asegura que a resolución será remitida ao Concello e difundida para mobilizar apoio social. O sindicato remata subliñando que non vai recuar: fronte á represión sindical, aposta por máis organización, loita e mobilización.

⚙ Configurar cookies
0.11201000213623