CCOO gaña unha sentenza contra a contratación fraudulenta nas Administracións públicas

LugoXa
Comisiones Obreras gana una sentencia contra la contratación fraudulenta de la Xunta a una trabajadora durante 14 años.
xulgado lugo
13 Apr 2022

Comisións Obreiras acaba de gañar unha importante sentenza contra a contratación fraudulenta nas Administracións públicas.

O Xulgado do Social n.º 2 de Lugo ditamina a condición de persoal fixo dunha traballadora que durante catorce anos prestou servizo para a Consellaría do Medio Rural mediante contratos temporais. A resolución xudicial é tamén moi dura co uso abusivo da contratación fraudulenta por parte da Xunta de Galicia.

A sentenza constata que a traballadora, defendida pola avogada de CCOO Teresa Burgo, superara un proceso selectivo para a convocatoria de prazas fixas, respectándose os principios de igualdade, mérito e capacidade para o acceso ao emprego público. Tamén coida probado que a ocupación da praza de forma prolongada no tempo evidencia que a dita praza estaba vacante no momento da convocatoria do proceso selectivo.

O Xulgado reprocha que “non se pode admitir” que unha persoa que supera un proceso selectivo “estea ocupando unha praza de forma ininterrompida en virtude dun contrato temporal”, sen ofertar a vacante mediante unha oferta pública de emprego (OPE).

Do mesmo xeito, a sentenza denuncia que “non se comprende cal é o motivo polo que a entidade demandada (Medio Rural) non oferta na OPE todas as prazas vacantes no momento da convocatoria e acuda de forma abusiva á contratación fraudulenta”.

Desde CCOO congratúlanse pola resolución xudicial, que acolle o criterio fixado polo Tribunal Supremo, sancionando as Administracións incumpridoras decretando a fixeza da relación laboral naqueles supostos, coma neste caso, en que o traballador ou traballadora temporal superou un proceso selectivo e queda acreditado o abuso na contratación temporal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.08183217048645