CCOO organiza en Lugo unha xornada polo Día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo
CCOO organiza un obradoiro en Lugo o 28 de abril, Día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo, na súa sede. Tratáse dunha xornada presentada e conducida por Manuel Quiñoá Dacal, secretario xeral da unión comarcal de Comisións Obreiras de Lugo, na que intervirá como relatora unha Inspectora de Traballo
Deste xeito, o sindicato considera que, tendo en conta o alto índice de sinistralidade con vítimas mortais no que vai de ano e tamén que para unha axeitada prevención de riscos nas empresas, é fundamental a participación dos traballadores e das traballadoras. Eles son quen mellor coñece o centro de traballo e as características e riscos inherentes a cada posto, de xeito que podan facer achegas.
Sen esquecer que unha organización do traballo inadecuada pode elevar o risco psicosocial e, como consecuencia, aumentar a sinistralidade laboral. Dado que á maior esixencia, maior carga de traballo, menor capacidade de decisión da persoa traballadora e peores condicións laborais, maior é o risco psociosocial.
Non é posible unha axeitada prevención laboral sen un compromiso da empresa e sen a participación das persoas traballadoras. O sindicato ten que estar vixiante para garantir que sexa efectiva a protección da saúde das persoas traballadoras.