Celebración no primeiro ascenso do Portomarín á Preferente

LugoXa
O CF Portomarín e o SD Antas celebran hoxe os seus respectivos ascensos, logo de dous encontros moi disputados.
16 Maio 2022

Non houbo rival para o Portomarín. O Chao da Poza foi testemuña esta fin de semana do ascenso á Preferente do Portomarín, tras vencer ao CD Castro.

Nun 3-0 sen precedentes, con xogadas moi acompasadas nos dous equipos, Sergio marcaba o primeiro tanto para o Portomarín pouco antes do final da primeira parte. Un gol que arrancaría a ofensiva dos visitantes de cara ao segundo tempo.

No minuto 52 era Javier o encargado de marcar un gol que alonxaba, cada vez máis, as posibilidades do Castro, que se xogaba, tamén, conseguir o ascenso. Segundos antes do remate do partido, chegaba o turno de Jose D., quen no minuto 90, afianzou a vitoria cun novo gol que deixaba o marcador 3-0 para os locais.

Mentres, na fase de permanencia, o Guntín manterase un ano máis na categoría, logo de vencer nun 1-5 ao Xove Lago.

Segunda Galicia Sur

En Segunda tamén hai celebración. E é que o Antas conseguía o ascenso a Primeira tras enfrontarse ao SD Oural, cun reñido encontro que remataba cun 4-3.

Malia que o Oural arrancaba o partido cun gol de Miguel no primeiro minuto, o certo é que todo o encontro foi un tira e afrouxa entre os dous equipos. Foi Xurxo quen arrancou o marcador do Antas (13’) e, con el, comezaron as xogadas.

O 2-1 marcábao Jose A. no minuto 16, alonxándose do marcador dos visitantes. Álex foi o encargado do terceiro gol, xa no segundo tempo, que tardou 20 minutos en recibir resposta do Oural. Unha nova ofensiva do Antas, encabezada por Álex, volveu a distanciar os puntos cun 4-2 que os sarriaos quixeron acurtar marcando, Francisco, o terceiro e último tanto da xornada.

0.050976991653442