Celebran a décimo quinta edición da Festa do Serán de Portomarín

LugoXa
Os asistentes poderán gozar un ano máis dunha xornada cargada de música e bo ambiente
Fogos artificiais
Foto recurso
30 Ago 2024

Portomarín celebra a XV Festa do Serán. A cita volve ao calendario e celebrará unha nova edición este venres 30 de agosto no municipio. Os asistentes poderán gozar un ano máis dunha xornada cargada de música e bo ambiente. Os veciños e asistentes poderán gozar da cea popular a partir das 22.00 horas. O menú, que ten un prezo de 25 euros, inclúe camisa e vaso, empanada, churrasco, sobremesa e bebida.

Ademais, nesta mesma xornada ofrecen actividades de balde para todos os nenos e nenas, dende as 21.00 ata as 00.00 horas. A formación que protagoniza o cartel é Punto Clave, que estará acompañada do Dj Miguel Cendoi. Trátase dunha festa que a xuventude deste municipio lucense lle brinda ano tras ano a tódolos veciños da vila e tódolos visitantes que os queiran acompañar nunha convocatoria máis.

XV Festa do Serán portomarín
0.12878012657166