Celebran a II Mesa – Versión Feminina polo Día da Muller en Antas de Ulla

LugoXa
O evento, organizado polo Concello de Antas de Ulla, busca resaltar o papel das mulleres en diferentes ámbitos e fomentar a igualdade de xénero a través do diálogo e a cultura
antas-de-ulla-8m
8 Mar 2025

O Salón de Actos da Casa da Cultura de Antas de Ulla acolle esta tarde, a partir das 16.30 horas, a II Mesa – Versión Feminina, unha iniciativa organizada no marco do Día Internacional da Muller.

A actividade contará coa participación de destacadas profesionais como Noelia Solar Alonso, representante de Esencia Viva - Laboratorio de Cosmética Natural; Anjhara Gómez Rodríguez, presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo; e Rosa Romero Franco, directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.

Tras o coloquio, a partir das 17.00 horas, o público poderá gozar dun concerto de Iria Estévez, que poñerá o broche musical á xornada.

O evento, organizado polo Concello de Antas de Ulla, busca resaltar o papel das mulleres en diferentes ámbitos e fomentar a igualdade de xénero a través do diálogo e a cultura.

⚙ Configurar cookies
0.082306861877441