Celebran en Lugo o IV Torneo de Golf Solidario a favor da Asociación Española Contra o Cancro

LugoXa
A inscrición son 20 euros que van íntegros para a asociación e contarase con premios en función de cada categoría
campo-golf
Imaxe de arquivo
1 Xuño 2024

Este domingo celebrarase o IV Torneo de Golf Solidario a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Terá lugar no Club de Golf Lugo, situado en Santa Marta de Fixós. A inscrición son 20 euros que van íntegros para a asociación e contarase con premios en función de cada categoría.

Unha vez finalizado o torneo de golf, haberá un sorteo de agasallos entre os participantes. As persoas que estean interesadas en participar no Torneo de Golf a beneficio da asociación poden facelo previa inscrición no teléfono 982 176 314 ou a través do correo electrónico golflugo@golflugo.com

0.1651828289032