Celebran este sábado en Cirio o último obradoiro da tempada para facer pan e empanadas
TerraChaXa | LugoXa
A Casa Chaín de Cirio, en Pol, acollerá este sábado o último obradoiro para facer pan e empanadas da tempada.
10 Maio 2024
A Casa Chaín de Cirio, en Pol, acollerá este sábado o último obradoiro para facer pan e empanadas da tempada.
Este terá lugar en horario de 10.00 a 16.00 horas para un máximo de 12 persoas que pasarán a mañá coas mans na masa e aprenderán a facer tanto bolos de pan como empanada. Cocerán en forno de leña e acabarán comendo o cociñado.
O obradoiro ten un prezo de 28 euros e é para un máximo de 12 persoas. As persoas que desexen anotarse poden facelo no 655 359 305.