Celebran o Día da Terra no espazo de Reque, en Lugo

LugoXa
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu en Reque aos participantes nas actividades organizadas polo Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC polo Día da Terra, que puideron coñecer o proxecto permacultural que a Vicepresidencia da Deputación está a desenvolver neste espazo público, con formacións teóricas e prácticas e actividades lúdicas.
reque
25 Abr 2024

A visita deu continuidade á conferencia sobre permacultura que se celebrou previamente na EPSE,  a cargo do permacultor e divulgador Alexandre Grande que presentou alí a segunda edición do libro “Permacultura: unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor”.

Ademais da conferencia e visita guiada, nestes días a Vicepresidencia entregará a todas as bibliotecas da provincia, un exemplar da referida publicación  que ofrece unha visión global da permacultura e  que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor, incluíndo a presentación de proxectos galegos baseados nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables a crise ecolóxica e sistémica mundial.

0.15690517425537