Celebran o Día do Libro de Cervantes coa entrega de 100 exemplares de 'Vía Romana XIX'
O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou na celebración do Día do Libro de Cervantes, co que colabora a Deputación de Lugo coa entrega de 100 exemplares de Vía Romana XIX. Unha viaxe dende Lugo aos Ancares, seguindo as pegadas de Roma dos autores Antonio Rodríguez Colmenero e Rubén Álvarez Asorey.
O acto tivo lugar no Centro de Servizos Múltiples de San Román e consistiu, por unha banda, na entrega de premios aos nenos e nenas do concello que participaron nun concurso de narración e debuxo e, por outra, na lectura do pregón por parte do notario José Manuel López Cedrón.
Carlos López defendeu que na institución provincial “estamos convencidos de que o futuro do noso rural pasa por ter servizos públicos de calidade, oportunidades laborais, e por coidar a cultura, por conservala, por fomentala e por difundila”.