Celebran unha degustación de tenreira nos Ancares no aniversario do programa Mab

LugoXa
O deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participou este sábado na I Xornada de degustación da Tenreira Galega.
desgustacion tenreira galega ancares
7 Nov 2021

O deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participou este sábado na I Xornada de degustación da Tenreira Galega en San Román de Cervantes organizada pola anpa do CPI Cervantes e a cooperativa A Carqueixa.

A cita desenvolveuse no marco do programa de actividades da Deputación de Lugo con motivo do 50 aniversario do programa Home e Biosfera (Mab) da Unesco, que promove e ampara as Reservas da Biosfera, e contou cunha axuda da institución provincial de 5.600€.

No Polideportivo do centro educativo do concello ancarés tivo lugar tamén este sábado a IX Feira de Artesanía, polo que a xornada contou con obradoiros, mostras e diferentes actuacións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.44170498847961