Celebran unhas xornadas sobre o papel da muller na historia da provincia na Idade Media

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
O Museo de Tor acollerá os días 2, 3 e 4 a terceira edición das Xornadas Pacegas, sobre a historia das mulleres da provincia na Idade media.
presentacion xornadas museisticas pazos
25 Feb 2023

O Museo de Tor acollerá os días 2, 3 e 4 de marzo a terceira edición das Xornadas Pacegas, baixo o título Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba,  Narla e Tor.

A partir das biografías de Catarina de Santiso -asasinada polo seu home, Vasco das Seixas, señor de San Paio de Narla -, María Paz Taboada - última fidalga de Tor, quen á súa morte doou ao patrimonio público o pazo e todo o seu patrimonio moble-  e de Constanza de Castro – que resistiu en Caldaloba o asedio dos Reis Católicos –,  historiadoras abordarán diferentes cuestións relacionadas coa pegada documental e as fontes no estudo do papel das mulleres na Idade Media.

Persoal dos museos e representantes de colectivos culturais completarán a panorámica falando da necesidade de incorporar o legado feminino á recuperación e posta en valor do patrimonio.

As persoas interesadas en participar nas xornadas deben anotarse no enderezo concertacionsrmpl@gmail.com. A Rede Museística facilitará a asistencia poñendo a disposición dos asistentes un servizo de autobús desde Lugo.

Programa

O xoves, 2 de marzo, trala recepción e benvida a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, e Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, comezarán as exposicións que estarán ao cargo de:

  • Dolores López da Asociación Carballo Vivo: Experiencia dunha muller activista na conservación recuperación e posta en valor do patrimonio.
  • Alberte Ansede, presidente da Fundación e Casa-Museo Manuel María: O papel da sociedade civil na recuperación do patrimonio: o caso de Caldaloba.
  • Antón Meilán García, catedrático emérito da Universidade de Oviedo, autor do libro Dona Constanza de Castro toma a Fortaleza de Vilaxoán: Dona Beatriz e Constanza de Castro, as fillas rebeldes de Pardo de Cela.
  • Simón Vicente, auxiliar de sala da Rede Museística Provincial de Lugo: Mulleres serpe, sereas e dragóns: os casos de Tor e Narla.

Venres, 3 de marzo

  • Mónica Fernández Armesto, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: Galegas litigantes perante a xustiza senhorial no Antigo Réxime.
  • Raquel Iglesias Estepa, doutora en Historia: A conflitividade feminina nas fontes xudiciais do Antigo Rexime.
  • Tamara González López, doutora, profesora do Departamento de Historia da UDC: Herdanzas, dotes e mandas: a loita das fidalgas polo patrimonio familiar (ss. XVIII-XIX).
  • Ana Sixto Barcia, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC:  Condenadas ao esquecemento. Os conflitos en torno ás vocacións forzadas na Galicia de época moderna.

Sábado, 4 de marzo, título Soterradas en liña, haberá unha mesa debate sobre a as desigualdes de clase e de ciclos de vida.

0.21711206436157