Celébrase a XXII Festa do Pemento de Mougán en Guntín con gastronomía e festa

LugoXa
A cita máis esperada do verán en Guntín regresa os días 30 e 31 de agosto con degustacións, 'showcooking', música e comida campestre
Festa-do-Pemento-de-Mougán
26 Aug 2025

A Carballeira de Maixaboi en Guntín acollerá a XXII edición da Festa do Pemento de Mougán, unha celebración que combina tradición, gastronomía e diversión para todas as idades.

O evento terá lugar os días 30 e 31 de agosto e converterá o municipio no epicentro da festa popular e da promoción dos auténticos pementos de Mougán, un orgullo da terra.

O programa arranca o sábado 30 co pregón inaugural, seguido de 'showcooking', degustacións gratuítas, espectáculos de maxia e verbena coa orquestra Acordes.

O domingo 31 continuará a festa cunha sesión vermú e verbena coa orquestra Galaxia, ademais da tradicional comida campestre que reúne aos veciños e visitantes nun ambiente festivo e familiar.

A Festa do Pemento de Mougán ofrece unha oportunidade única para degustar e celebrar a riqueza gastronómica local, disfrutar de música en directo e vivir momentos de entretemento e tradición en Guntín.

⚙ Configurar cookies
0.13724493980408