Celébrase a XXIV edición do Lumenovo Becerro ó Espeto o 23 de xuño na Piringalla

LugoXa
A música correrá a cargo da Orquestra Solara, que comezará a súa actuación ás 22:00 horas
fogueira-san-xoan-lume-novo
16 Jun 2025

O barrio lugués da Piringalla prepárase para unha nova edición da súa tradicional festa de San Xoán, coñecida como Lumenovo, que nesta ocasión celebra a XXIV edición do Becerro ó Espeto. A cita será o domingo 23 de xuño de 2025 e promete unha tarde-noite chea de actividades para todos os públicos.

As actividades comezarán ás 18:00 horas cunha sesión de zumba infantil (Zumba Mila para cativ@s), pensada para que os máis pequenos poidan divertirse e participar na festa.

A partir das 20:30 horas, terá lugar un dos momentos máis esperados: o reparto gratuíto de becerro, pementos e bebidas. Unha degustación popular que xa se converteu nun símbolo do evento e que reúne cada ano a centos de persoas.

A música correrá a cargo da Orquestra Solara, que comezará a súa actuación ás 22:00 horas, animando a noite cun repertorio festivo que fará bailar ao público ata altas horas.

Outro dos puntos destacados do programa será o sorteo de premios de 50, 100 e 200 puntos, que se celebrará ás 23:15 h, e no que tamén se entregará unha cesta doada pola Xunta de Galicia.

Finalmente, como manda a tradición, ás 00:00 horas terá lugar o prendido da fogueira, momento máxico e simbólico co que se celebra a noite máis curta do ano.

O evento está organizado pola AAVV Cultural Deportiva San Isidro Piringalla, coa colaboración de múltiples establecementos locais e entidades, incluíndo á Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.16792798042297