Celebrouse a IX edición dos Premios da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Lugo

LugoXa
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, puxo en valor o papel que xoga este colectivo en favor do emprendemento na provincia
Premios-AJE-Lugo
10 Nov 2024

A IX edición dos Premios da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Lugo recoñeceu o talento de diversos emprendedores lucenses de curta idade.

Durante o acto, ao que acudiu o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, puxo en valor o papel que xoga este colectivo en favor do emprendemento na provincia.

Arias destacou o apoio do Goberno galego á mocidade emprendedora coa futura Estratexia Mocidade Activa, dotada con 20M€ só na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e na que se está a traballar co obxectivo de reter o talento mozo na Comunidade. No mesmo sentido, subliñou que os orzamentos do 2025 destinan 32 millóns de euros para promover diferentes iniciativas e impulsar proxectos liderados por mozos, mulleres e retornados.

“Tan importante é o apoio a un proxecto empresarial nun primeiro momento como nas fases seguintes”, incidiu Arias. Nese sentido, explicou que a Xunta “activa medidas específicas para a consolidación das iniciativas empresariais” como o Bono Autónomo; as axudas para o fomento da conciliación familiar e laboral; para a contratación de traballadores ou para a transmisión e remuda xeracional de negocios a piques de pechar por mor da xubilación dos propietarios”.

Igualmente, subliñou que a Administración galega seguirá a acompañar todo o esforzo que fai o sector empresarial con novas medidas para facilitar trámites administrativos. Entre elas destacou a simplificación das convocatorias de axudas para autónomos, que dende o próximo ano unificaranse nunha única orde dotada con 40 millóns de euros.

0.17528104782104