Celebrouse o sexto comité de investimentos da estratexia municipal Lugo Transforma

LugoXa
Na xuntanza, analizáronse proxectos moi interesantes cuxo denominador común é a innovación
Comité-Lugo-Transforma
21 Nov 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu o sexto comité de investimentos da estratexia municipal Lugo Transforma, unha reunión do fondo de capital risco de iniciativa municipal onde se avalía a idoneidade das empresas aspirantes que concorreron dous novos proxectos que poderian supoñer unha inversión conxunta de 700.000 euros. Investimento que se sumarían aos máis de 2,2 millóns de euros xa mobilizados nas oito firmas participadas.

Na xuntanza, analizáronse proxectos moi interesantes cuxo denominador común é a innovación, xa que o seus modelos de negocio están relacionados con sectores situados á vangarda tecnolóxica, como son a xestión autónoma do tráfico aéreo non tripulado ou a biotecnoloxía na área de saúde humana e veterinaria.

“Estamos seguros que estes posibles investimentos teñen capacidade para robustecer o noso tecido produtivo a curto, medio e longo prazo. Resultan de grande interese polo valor estratéxico dos sectores aos que se dedican, pola súa capacidade para xerar emprego  de calidade e pola súa marxe de crecemento como iniciativas empresariais. Máis aló da súa entrada ou non no fondo, son proxecto que cumpren cos obxectivos fundamentais para os que se deseñou Lugo Tasanforma, por iso están enriba da mesa”, sinalou Alvarellos tras a conclusión do comité, no que ademais os responsables da empresa xestora, Torsa Capital, realizaron un update de varios proxecto en seguimento e propuxeron un investimento adicional noutra das empresas participadas.

Ademais, a rexedora puxo en valor os novos avances desta estratexia municipal “coa que estamos a desenvolver o gran potencial de firmas centradas na innovación, tanto de Lugo como de fóra da comunidade, e coas que imos a xerar novos postos de traballo, reter o talento lucense na cidade, e tamén captar o talento de fóra”.

A alcaldesa, xunto co resto de membros do comité, destacou a capacidade que o proxecto está a demostrar para captar talento e xerar emprego de calidade. “Desde a súa constitución mantivemos contacto cun total de 88 proxectos, dos que resultan as oito participadas. Delas, catro foron constituídas en Lugo, mentres que o resto se trasladaron á cidade trala inversión do Concello de Lugo. Isto demostra que a aposta do noso Executivo está a funcionar e que este Lugo Transforma é xa un motor económico  e un claro referente no eido da innovación”.

De feito, no que atinxe á creación de novos postos de traballo, no transcurso da sexta reunión deste comité investigador, púxose de manifesto que ata o de agora xeráronse case medio centenar de novos postos de traballo, duplicando o cadro de persoal que tiñan as empresas antes da súa entrada no fondo de capital risco.

Lugo Transforma está constituído polo Concello de Lugo, que mobilizou 12 millóns de euros, e polas compañías Lence, Norvento Enerxía, Torre de Núñez, Grupo Arenal, Alibos, Candelas, Grupo O Progreso, Dmanán e Torsa Capital que incrementaron o fondo investidor con outro millón de euros adicional. Entre as incorporacións xa efectivas ao fondo Lugo Transforma están as das empresas LexDigo, Innogando, InVerbis, Techaway, Boldest, Monkey Markets e DosDog y Himikode, que crearán ao redor de 230 postos de traballo directos no municipio.

0.20313310623169