Celia López do PortaMiñá, bronce no Campionato de España de Natación Infantil
Finalizou o Campionato de España de Natación Infantil que se celebrou en Sabadell (Barcelona). Nesta competición o PortaMiñá participou con catro nadadoras Celia López, Laura Santas, Aroa Illán, Aitana López e o nadador Iago Fernández. Destacou Celia López do ano 2010 que nas probas de costas nas que conseguiu a medalla de bronce en 100 costas pelexando ata o último metro pola medalla de ouro realizando a mellor marca galega desa proba en dúas ocasións en sérielas eliminatorias e na final.
Ademais Celia finalizou 4ª en 200 costas e 7ª en 50 costas demostrando ser unha das mellores nadadoras nacionais nese estilo. Laura Santas conseguiu o 4º posto nas probas de 200 bolboreta e 400 estilos moi preto das tres primeiras clasificadas, demostrando tamén, ser unha nadadora de gran nivel nacional e con moito futuro.
Pola súa banda Iago Fernández, Aitana López e Aroa Illan competiron en diferentes probas situándose entre os trinta mellores tempos de todo o campionato. Con este campionato o PortaMiñá dá por finalizada a tempada que sen dúbida foi moi intensa chea de grandes resultados en todas as categorías demostrando unha fortaleza enorme e cunha base que lle fai ser moi optimista de fronte ao futuro.