Cena, queimada, música e baile no magosto organizado polo Concello de Baralla

LugoXa
O Concello de Baralla celebra o tradicional Magosto o vindeiro 4 de novembro.
magosto castana
16 Out 2023

O Concello de Baralla celebra o tradicional Magosto o vindeiro 4 de novembro. A cita comezará ás 20.30 e será na praza da vila.

Ademais das castañas asadas, os asistentes poderán gozar dunha cea a base de liscos, empanada, lacón asado, viño, refrescos e queimada. A música e o baile estarán amenizados por Airiños do Neira. O evento, organizado polo Concello de Baralla e a asociación cultural Airiños do Neira, contará coa instalación dunha carpa.

magostobaralla
0.11131000518799