Colegio Diocesano San Lorenzo: Un centro educativo de referencia no corazón de Lugo
Un proxecto propio que busca a formación integral do alumnado avalado por unhas modernas instalacións.
Proporcionan unha formación completa, ofrecendo un ensino de calidade para garantir a igualdade de oportunidades.
O Colegio Diocesano San Lorenzo tomou a testemuña este curso 2021-2022 da proposta educativa desenvolvida ata o de agora polo Seminario Menor de Lugo, fiel ao desexo de seguir ofrecendo un espazo para a formación integral e o crecemento da persoa. O servizo educativo que, ao longo do tempo, prestou o Seminario Menor a tantas familias, quere continuar e ampliar o seu alcance como Colexio, de carácter mixto, ofrecendo aos seus alumnos e alumnas un instrumento educativamente avezado para quen comparta esta proposta. Actualmente ofrecemos que os alumnos estuden educación secundaria, bacharelato e formación profesional.
Desta forma, cremos posible que o Colexio poida seguir potenciando a valiosa experiencia de formación que se desenvolveu nas nosas aulas ao longo dos anos, cun profesorado altamente capacitado e preparado.
Unha das novidades deste curso foi a implantación da formación profesional. Actualmente temos dous ciclos medios (Emerxencias sanitarias, e Guía no medio natural e tempo libre) e dous ciclos superiores (Hixiene bucodental e Acondicionamento físico). Desde o próximo curso 2022-2023 o ciclo de Emerxencias sanitarias tamén se pode realizar a distancia.
Ademais, o próximo ano permitiranos implantar en toda a educación secundaria unha proposta para a que levamos un ano traballando e que tivo a súa experiencia piloto xa este ano: a metodoloxía educativa baseada nos proxectos por ámbitos. A través deste método tratamos de elaborar, a partir do currículo das materias, temas comúns que nos permitan traballar en bloque os distintos temas das materias. Isto conleva un gran traballo de coordinación do profesorado, de codocencia, dun traballo interdisciplinar cun desenvolvemento cooperativo e individual, contando con toda unha serie de estratexias e ferramentas coas cales os alumnos adquiren as destrezas, habilidades e competencias que permiten a súa aprendizaxe e que eles mesmos poidan explicar todo o proceso e o aprendido. Os resultados evidentes e positivos, a capacidade de traballo en equipo e de desenvolvemento máis persoal, ou as capacidades que adquiren os alumnos ou alumnas con maior dificultan, demostran que este método ten un carácter valioso e importante. Ademais, este método é novo na cidade de Lugo para a educación secundaria e está, á súa vez, amparada pola nova lei de educación, a LOMLOE.
E todo o proceso educativo é posible pola calidade humana, por unha pastoral e identidade católicas que nos levan a colocar á persoa no centro de todo o proceso educativo e polo coidado a relación coas familias dos nosos alumnos. Pero tamén é posible por contar cunhas instalacións novas e modernas en pleno centro de Lugo, con numerosas aulas e talleres, cun gran pavillón, unha das bibliotecas máis importantes da provincia de Lugo, etc.
Ven a coñecernos!
Contacta connosco e solicita unha entrevista con visita ao colexio. Podes facelo no teléfono 982 220 100 ou a través da web: www.colegiodiocesanosanlorenzo.org.