Centos de lucenses reivindican melloras laborais polo 1 de maio

LugoXa
Centos de persoas reclaman en Lugo polos dereitos dos traballos neste 1 de maio, divididas en dúas concentracións: a convocada polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia e outra pola CIG.
manifestacion_1_de_maio
1 Maio 2024

Centos de persoas reclaman en Lugo polos dereitos dos traballos neste 1 de maio, divididas en dúas concentracións: a convocada polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia e outra pola CIG. Durante esta última, tamén se puido ver como desplegaban unha bandeira de Palestina sobre un dos cubos da Muralla.

As críticas á reforma laboral, o rexeitamento a Altri, a defensa dunha sanidade pública e do ensino e o reclamo dun convencio público para as panaderías foron algunha das peticións defendidas polos que se uniron á concentración do sindicato, na que tamén estiveron todos os membros do BNG do Concello de Lugo.

Pola súa parte, os membros do PSOE, entre eles o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, participaron na de CCOO e UGT. Besteiro aproveitou a xornada para reivindicar “os logros que teñen conseguido os socialistas, como a mellora do salario mínimo interprofesional e a revalorización das pensións”. Estivo acompañado pola alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos; o presidente da Deputación lucense, José Tomé; a coordinadora do PSdeG co Parlamento de Galicia, Lara Méndez, e o coordinador do partido coas Cortes Xerais, César Mogo.

Besteiro lembrou, porén, que Galicia enfronta neste momento importantes retos porque “medra menos que o resto de España, case un 30 % menos”, soporta unha taxa de actividade “seis puntos por debaixo da media estatal” e, entre outros aspectos negativos, nos últimos 15 anos “perdeu case 70.000 postos de traballo industriais, fonte a España, que sumou 700.000”.

A alcaldesa de Lugo coincidiu con Besteiro en aproveitar a xornada para “celebrar todas esas políticas sociais e laborais do Goberno de Pedro Sánchez”, pero insistiu en esixir melloras “para os sectores precarizados, que xeralmente están moi feminizados”. Alvarellos destacou tamén a necesidade de permanecer alerta “para que as políticas de dereitas e ultradereita non nos coman o terreo”.

Reducir a xornada e mellorar os salarios

CCOO e UGT defenderon o gañado ata agora e a necesidade de continuar avanzando en novos retos laborais e sociais, baixo o lema escollido este ano: Polo pleno emprego, a redución da xornada e mellores salarios, que sintetiza esta necesidade as principais reivindicacións. Ambos sindicatos defenden que, grazas ao diálogo social, na última lexislatura conseguíronse importantes melloras para a clase traballadora, como a reforma laboral, que se traduce en mellora na calidade do emprego —así o recollen as estatísticas oficiais—. Agora toca avanzar e camiñar cara ao pleno emprego.

No tocante aos salarios, CCOO e UGT defenden que hai marxe para incrementalos, pois a súa suba é compatible coa recuperación do emprego e unha absoluta necesidade para amortecer o impacto da inflación sobre o poder adquisitivo das persoas traballadoras. Pola súa parte, a CIG conmemorou a xornada baixo o lema Traballo digno. Pola paz e a soberanía dos pobos. Contra o imperialismo, denunciando así, tal e como explicou o secretario xeral, Paulo Carril.

Aumento das xornadas

“O belicismo e apoloxía da guerra que a UE, en entusiasta obediencia aos Estados Unidos (EUA) e ás misións da OTAN, está axitando para disimular manterse á fronte dun mundo que camiña a ser irreversiblemente multipolar e a rachar coa globalización neoliberal, co imperialismo que os EUA queren manter a lume, sangue e morte”.

Así mencionou algúns dos datos máis salientábeis a nivel laboral, como o aumentou nun 125,1% dos contratos fixos-descontinuos desde 2021; o medre das xornadas parciais, que pasaron de ser o 19,8% en 2021 a representar o 23,9% en 2023 e que teñen maioritariamente mulleres (o 75,5%) ou que o 42,5% dos contratos temporais duraron menos dunha semana no 2023.

0.16941714286804