Centos de persoas gardaron un minuto de silencio en memoria de Paula Alvarellos

Concello de Lugo convocou un minuto de silencio na tarde deste sábado ás 20.00 horas como mostra de pesar polo falecemento de Paula Alvarellos, alcaldesa da cidade.
Centos de persoas congregáronse diante da Casa Consistorial para render homenaxe á rexedora, quen exercía o cargo desde xaneiro de 2024.
Ana Abelleira, concelleira de Xuventude, sostivo entre salaios que "a cidade de Lugo débelle esta honra a Paula Alvarellos, unha muller irrepetible e única, que marchou moi cedo e deixou moito por facer e nos deixa ese compromiso a todos os que quedamos aquí de traballar por ela".
A cerimonia de despedida de Paula Alvarellos realizouse na máis estricta intimidade por desexo expreso da súa familia. Compañeiros de Goberno, membros da Corporación municipal e seres queridos quixeron agradecer as numerosas mostras de afecto recibidas nas últimas horas, destacando o legado e compromiso da alcaldesa co desenvolvemento da cidade.
O falecemento de Alvarellos provocou unha fonda conmoción entre a veciñanza e a corporación municipal, que destacou o seu labor e dedicación ao servizo público. O Concello decretou varios días de loito oficial en recordo da súa figura.