Cervantes acolle a V Xornada de degustación da Tenreira de Ancares e a XIII Feira de Artesanía

LugoXa
A cita contará con obradoiros, música tradicional e unha homenaxe a un dos socios da cooperativa A Carqueixa
tenreira-de-Ancares
6 Nov 2025

O Polideportivo do Colexio de San Román de Cervantes será o escenario este sábado, 8 de novembro, da V Xornada de degustación da Tenreira de Ancares, unha cita organizada pola ANPA do CPI de Cervantes, o CDR Ancares e a cooperativa A Carqueixa, coa colaboración do Concello de Cervantes e o apoio da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo a través da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.

A xornada, que incluirá tamén a XIII Feira de Artesanía, ofrecerá un amplo programa de actividades culturais e gastronómicas durante todo o día.

O programa comezará ás 11:00 horas coa apertura da feira e dos postos artesáns, seguida ás 13:00 horas do obradoiro “Por que cantan as mulleres?”, impartido por Branca Villares e financiado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Ás 14:00 horas terá lugar a degustación da Tenreira de Ancares, e ao longo da tarde haberá diversas actividades organizadas polo alumnado do CPI de Cervantes.

Pola tarde celebrarase tamén un acto de homenaxe á Carqueixa e a un dos seus socios máis coñecidos, Palillo. A partir das 16:15 desenvolverase un obradoiro de coiro e ás 17:30 horas o programa pecharase cun baile tradicional e as actuacións dos grupos “Os Xardois” e “Os Gaioleiros”, enmarcadas no programa TRADIGALU da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.0730299949646