Cervantes acolle o día 18 un curso de manexo de Novas Tecnoloxías para as Ganderías

LugoXa
Concretamente, o curso terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples de San Román (Casa da Catoira)
centro-de-servizos-múltiples-Casa-Catoira-Cervantes
13 Dec 2024

O Concello de Cervantes acolle o vindeiro mércores, 18 de decembro, un curso de manexo de Novas Tecnoloxías para as Ganderías en horario de 18.00 a 21.00 horas.

Concretamente, o curso terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples de San Román (Casa da Catoira) e hai 20 prazas dispoñibles para as persoas que queiran participar del, sexan ou non de Cervantes.

Así, desde o Concello de Cervantes recomendan ás persoas interesadas que se inscriban canto antes no teléfono do Concello 982 364 904.

⚙ Configurar cookies
0.50578880310059