Cervantes acomete obras de mellora en vías agrícolas de Donís, O Pando e Cereixedo

LugoXa
O investimento, cofinanciado con fondos europeos, estatais e autonómicos, inclúe unha achega do Concello de máis de 16.600 euros
mellora-de-vías-municipais-de-acceso-a-parcelas-Cervantes
8 Aug 2025

O Concello de Cervantes está a executar traballos de mantemento e mellora en varios camiños de titularidade municipal que dan acceso a parcelas agrícolas nas parroquias de Donís, O Pando e Cereixedo.

A actuación inscríbese no Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, aprobado mediante a resolución do 19 de decembro de 2023 e incluído no Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O proxecto conta cun financiamento total de 75.161 euros, dos cales o 75 % procede do Feader, o 7,5 % achegado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e o 17,5 % restante corre a cargo da Xunta de Galicia. Ademais, o Concello de Cervantes contribuirá con 16.609,03 euros, o que representa un 18,10 % do custo global das obras e do control de calidade.

Estas actuacións lévanse a cabo mediante a tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia número 18 do 25 de xaneiro de 2024.

⚙ Configurar cookies
0.80734610557556