Cervantes cede unha parcela en San Román para avanzar na construción do seu centro de maiores

LugoXa
O Pleno da Deputación aprobou unha addenda ao convenio entre a institución provincial de Lugo e o Concello de Cervantes para a execución do Centro de Atención a Maiores que a institución vai construír nesta localidade da montaña lucense.
1 Maio 2024

O Pleno da Deputación aprobou unha addenda ao convenio entre a institución provincial de Lugo e o Concello de Cervantes para a execución do Centro de Atención a Maiores que a institución vai construír nesta localidade da montaña lucense. Inclúese que o Concello vai poñer a disposición unha parcela en San Román que cumpre coas condicións e requisitos do proxecto e do estudo xeotécnico.

“Hoxe damos un gran paso adiante. Un novo paso adiante para avanzar na construción da residencia de Cervantes”, destacou José Tomé, presidente do organismo provincial. Lembrou que en apenas catro anos a Deputación abriu seis centros de atención a maiores, o que fai un total de 9 en funcionamento nos municipios de Ribas de Sil, Navia de Suarna, Meira, Pedrafita do Cebreiro, Castroverde, A Fonsagrada, Trabada, Ribadeo e Pol.

“A Xunta de Galicia ningunha, senón que ten unha residencia dunha fundación privada aínda sen abrir e coa que agarda concertar prazas públicas. É esa a visión que ten o PP de servizos públicos?”, subliñou, ao tempo que lembrou que a institución provincial ten en marcha a construción das de Becerreá, A Pontenova, Guitiriz e A Pobra do Brollón, cumprindo así cos compromisos adquiridos.

0.1263120174408