Cervantes celebra o 23 de novembro a tradicional Festa dos Maiores

O Concello de Cervantes celebrará o sábado 23 de novembro a tradicional Festa dos Maiores, unha xornada dedicada ás veciñas e veciños do municipio de máis de 65 anos. O evento desenvolverase no Polideportivo de San Román e comezará ás 14:00 horas cun xantar de confraternidade.
A partir das 16:00 horas, a festa continuará cun animado baile e un torneo de tute aberto a todas as persoas asistentes que desexen participar. O alcalde de Cervantes convidou a todos os maiores empadroados no concello a gozar desta cita que busca fomentar a convivencia e o encontro entre xeracións.
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982 36 49 04 antes do martes 19 de novembro. Ademais, permítese que as persoas maiores que o necesiten poidan asistir acompañadas.