Cervantes mellora os camiños en Santalla con novas infraestruturas e maior seguridade

O Concello de Cervantes vén de completar unha actuación de mellora nos camiños de Santalla cun orzamento total de 18.350 euros, dos que 10.198,93 euros foron achegados pola Deputación de Lugo e 8.151,07 euros polo propio Concello.
O proxecto xustificouse pola situación de risco que presentaba o muro antigo, cuxos problemas de estabilidade comprometían a seguridade e dificultaban o paso de veciños e veciñas.
As obras consistiron na construción dun novo muro de escollera que garante a estabilidade e durabilidade da infraestrutura, na ampliación do camiño para facilitar o tránsito e na instalación dunha barandilla de protección que reforza a seguridade da zona.
Esta intervención forma parte do compromiso do Concello de mellorar paso a paso as infraestruturas en todas as parroquias, co obxectivo de facer de Cervantes un lugar máis cómodo e seguro para vivir.