Cervantes pide á CHC máis facilidades nas xestións e atención aos ríos do municipio

LugoXa
O alcalde reuniuse coa presidenta da Confederación Hidrográfica do Cantábrico para expoñer as preocupacións veciñais e solicitar melloras na colaboración institucional
reunión-Concello-de-Cervantes-e-Confederación-Cantábrico
9 Oct 2025

O alcalde de Cervantes reuniuse coa presidenta da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Bárbara Monte, para expoñerlle os principais problemas que afectan ao municipio no ámbito fluvial.

Ao encontro asistiron tamén dous concelleiros, o comisario de Augas, Alejandro Barriuso, e a xefa da Área de Xestión do Dominio Público Hidráulico, Esperanza Martínez.

Durante a xuntanza, o rexedor pediu máis atención aos ríos do concello, que cualificou como unha das maiores fontes de riqueza natural de Cervantes, e reclamou que se simplifiquen os trámites que dependen da Confederación, coa intención de facer máis áxil a xestión municipal.

Dende o goberno local destacan que continuarán insistindo ante as administracións para que se escoiten as demandas da veciñanza e se melloren as condicións no territorio.

⚙ Configurar cookies
0.073153972625732