Cervantes: Ruta do Castro
Un roteiro circular de 4 horas de duración e un total de 8,2 kilometros de fácil recorrido
Se algo destaca no Concello de Cervantes é o patrimonio natural que serve de contorna aos núcleos de poboación. Non é difícil atopar camiños polos que percorrer estas terras e gozar da natureza os 365 días do ano.
E non so desfrutar de mestos bosques e montañas empedradas senón que tamén é posible gozar da fauna da zona, con gando vacún e animais salvaxes como porcos bravos ou corzo. Incluso, se o visitante ten sorte, poderá ver un dos 180 exemplares de oso pardo que viven, segundo estimacións, na zona norte do Estado.
O roteiro proposto arranca nun parque infantil, no lugar de San Román de Cervantes, ata onde se pode levar o coche. Atravesando a praza que rodea a Casa Consistorial atópase o camiño que te leva ata o Complexo Etnográfico dos Ancares que amosar a reconstrucción dunha das típicas pallozas da zona.
Ao saír, un camiño de carballos e castiñeiros conducen ao camiñante ao río Castro, que haberá que cruzar pola ponte e, ascendendo montaña arriba chegarase ata o Castro de Santa María de Cervantes, o primeiro punto clave desta andaina.
O Castro, datado sobre o século II d.C., é un conxunto integrado polo poboado castrexo prerromano e por restos de varias explotacións auríferas, ademáis dunha necrópole baixomedieval e unha igrexa, estas últimas construidas sobre o recinto do castro.
Xusto na zona pódese observar tamén un castrillón, unha pequena elevación utilizada, probablemente, como zona de vixilancia no seu momento
De aquí, o camiñante deberá descender hacia o río de Castelo onde a natureza mantén oculto o antigo muíño e unha pasarela de madeira que permite cruzar ao outro lado do río para subir por un camiño que leva ao lugar de Castelo de Cais.
Antes de chegar a esta aldea, un desvío á dereita descende ata o Rego de Vilarantigo, punto onde comezará, a última subida que chega, novamente, a San Román.
Un roteiro sinxelo que recomendan, incluso, para nenos e que se volve especialmente máxico nos meses de outono, co cambio de cores da vexetación.