César Dorado renova á fronte de Acruga co respaldo do 52,3% dos votos

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O ata o de agora presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, César Dorado Pin, seguirá á fronte de Acruga por outros catro anos.
cesar dorado vaca raza rubia galega acruga adai
21 Maio 2022

O ata o de agora presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, César Dorado Pin, seguirá á fronte de Acruga por outros catro anos. A súa candidatura venceu ante a presentada polo gandeiro David López, nunha xornada electoral na que se superou a procentaxe de participación de anteriores convocatorias, xa que se rozou o 91 por cento.

Este foi un dos aspectos que destacou o recentemente reelixido presidente quen se mostrou "moi satisfeito pola alta participación; temos que agraceder aos gandeiros e gandeiras que se implicasen neste proceso e o respaldo que nos deron. Imos traballar con ganas renovadas para seguir avanzando en moitos dos proxectos que temos en marcha e na renovación de varios convenios coas administracións para lograr axudas e subvencións para os gandeiros de loura galega", sinalou Dorado Pin.

Dos 1.304 socios que podían votar nestas eleccións, rexistráronse 1.184 votos en urna, dos que 60 foron nulos e 1.124 válidos. Destes, o actual presidente logrou un respaldo do 52,3% dos votos, fronte ao 47,6% da outra candidatura.

Con este resultado, César Dorado confirma o seu quinto mandato consecutivo á fronte da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega.

0.14535903930664