Charla informativa sobre o parque eólico no monte Reboiro no Corgo este venres 11
O Bloque Nacionalista Galego no Corgo organiza unha charla informativa á veciñanza este venres ás 20:30 horas na antiga escola unitaria de Nenas, na parroquia de Folgosa.
Contará coas intervencións do consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe e concelleira do BNG no Corgo, Pilar Bellón.
Pilar Bellón desluciu a finalidade deste acto ”desde o BNG facemos este tipo de encontros para que a veciñanza conte con toda a información posíbel e poida defenderse ante os ataques das grandes empresas enerxéticas”
Neste sentido, animou a veciñanza a participar nesta charla informativa “convidamos á veciñanza a que acuda a esta charla e descubra todo o relativo ao modelo eólico e as posibilidades que temos como cidadáns para actuar ante a súa instalación” dixo Pilar Bellón.
O BNG continua organizando este tipo de actos dentro da campaña “Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega”, no que o Bloque denuncia o boom eólico que se está a producir en Galicia en favor dos intereses das grandes empresas do oligopolio eléctrico.