Charli, inmenso en Castro Ribeiras de Lea, na novena xornada de billarda

Por Daniel Rodríguez Saavedra
Co primeiro aberto do Miño, volvemos a Castro de Riberas de Lea, batendo a marca de palanadores cun total de cento seis (70 homes, 22 donas e 14 cativos).
Cinco equipos da liga Atlántica (Noroeste e Rías Baixas) mandaron un total de quince representantes a este aberto.
Un barruzo intermitente perante toda a mañá, amolounos abondo, impedindo que as puntuacións en xeral foran altas, porén o aberto foi todo un éxito con dous xigantes disputándose o podio: Charli e Bonxe, con cadanseus 24 puntos, xogaron un desempate que se decantou a favor do primeiro. O terceiro chanzo, con 21 puntos, foi para Viqueira (de Cochiqueiros de Cerceda).
En donas dominou Irene, compañeira de equipo de Viqueira, seguida de Alba (Troitas Bravas e de Cris (Castiñeiro Milenario).
O infantil Mateo (Troitas Bravas) superou nesta xornada a Mateu (Madia Leva) e ao debutante Migui de Río Miño.
Gañaron por equipos Carabullo seguidos de Billarda Ríoo Miño e de Troitas Bravas.
Coa entrega de agasallos aos gañadores rematou esta xornada pasada por auga, agardando xa a vindeira de Bretoña, o sábado 8 de marzo.
Así quedan as clasificacións xerais:
Individual:
- 1º Sachas (Troitas Bravas) 166 p
- 2º Charli (Carabullo) 160 p.
- 3º Felix (Billardeiros Musicais) 146 p.
Donas:
- Alba (Troitas Bravas) 120 p.
- Geni (Billardeiros Musicais) 84 p.
- Aroa (Billardeiros Musicais) 75 p.
Infantil
- Mateu (Madia Leva) 127 p.
- Diego (Madia Leva) 105 p.
- Mateo (Troitas Bravas9 81 P.
Equipos:
- Troitas Bravas (A Pontenova) 621 p.
- Billardeiros Musicais (Ribadeo) 607 p
- Carabullo (Ponte de Outeiro) 581 p.
Para facer boca, o sábado 1º de marzo en San Miguel de Reinante, o seleccionador Manolo Flores, celebra o abertiño de San Rosendo, agardamos por vos.